A boa saúde da Literatura Infantil e Xuvenil galega

Foron moitos días cheos de intensidade, dende o mércores ata onte, reunidos case que 600 convidados para debater e compartir angueiras e esperanzas arredor da Literatura Infantil e Xuvenil no 32 Congreso Internacional de IBBY que se celebrou en Compostela. Foron días para o encontro entre autores, ilustradores, editores, bibliotecarios e, en xeral, de todas […]

Comezou o congreso do IBBY

A XXXII edición do Congreso do International Board on Books for Young People (IBBY), que reúne estes días en Compostela a 600 expertos en literatura infantil e xuvenil, botou a andar onte coa súa inauguración no Palacio de Congresos de Compostela. A ministra de Cultura, Ángeles González-Sinde, presidiu un acto no que tamén participou o […]

120 anos do nacemento de Agatha Christie

Tal día coma hoxe mércores, nacía Agatha Christie, a autora en termos globais máis vendida do mundo, a pesar de que comezou moi tarde na literatura e que dedicou boa parte da súa vida a viaxar axudando no Oriente ao seu segundo esposo, arqueólogo. É tamén, unha das autoras máis adaptadas ao cine, aínda que […]

Marilar Aleixandre é elixida para o Comité Executivo do IBBY

O 32 Congreso Internacional de IBBY en Compostela non podía rematar cunha nova mellor: a escritora Marilar Aleixandre é nomeada para entrar no Comité Executivo do IBBY. Grazas a este nomeamento a lingua, a literatura e a cultura galega medrarán en visibilidade a nivel internacional. Marilar Aleixandre naceu en Madrid en 1947. Dende 1973 reside […]

Xabier López López presenta OS LIBROS PRESTADOS

Hoxe presentarase en público o novo libro de Xabier López López, na súa cidade natal. Nesta presentación en Betanzos, Xabier López López estará acompañado por Gabriela Rodríguez, presidenta da Asociación Cultural Eira Vella, Carlos Lema, director de edicións de Galaxia, e Santiago Jaureguizar, xornalista e escritor. Durante este mes, e parte do que vén, o […]

Un Camiño virtual

Onte activamos, dende a nosa web, no banner que verás na portada, a posibilidade dunha visita virtual pola exposición, inaugurada a semana pasada, 'A dimensión europea da Galicia espiritual' e que está aberta na Fundación Penzol de Vigo ata o vindeiro 13 de outubro. Deste xeito, todos aqueles que non poidan achegarse ata a cidade […]

'O armiño dorme' triunfa no Brasil

A novela 'O armiño dorme' de Xosé A. Neira Cruz, publicada na colección Costa Oeste, vén de ser merecente doutro importante recoñecemento internacional ao entrar a formar parte do Programa Biblioteca na Escola 2011 do goberno brasileiro. Unha excelente nova para unha excelente novela. Que entre esta obra, na súa versión brasileira publicada por SM […]

Árbores por tres

Estes días está a chegar ás librerías de toda Galicia novas edicións dalgúns títulos da colección Árbore, deseñada pola nosa editorial para os lectores xa autónomos que están desexosos de atopar boas historias nas que meterse. É o caso de títulos como 'Espantallo amigo' de Xosé Neira Vilas, que chega á novena edición, 'As vacacións […]