Tal día coma hoxe mércores, nacía Agatha Christie, a autora en termos globais máis vendida do mundo, a pesar de que comezou moi tarde na literatura e que dedicou boa parte da súa vida a viaxar axudando no Oriente ao seu segundo esposo, arqueólogo. É tamén, unha das autoras máis adaptadas ao cine, aínda que das que lle deu tempo a ver, sempre amosou un profundo desagrado polas versións fílmicas.
No catálogo de Galaxia contamos con cinco obras da británica dentro da 'Biblioteca Agatha Christie', entre os que destacan míticos títulos como "Dez negriños" ou "Pano. O derradeiro caso de Poirot".
Un aniversario que pode ser pretexto perfecto para volver achegarnos a unha obra que hai ben de anos que está dispoñible na nosa lingua.