Comezou o congreso do IBBY

Categoría: Nova

A XXXII edición do Congreso do International Board on Books for Young People (IBBY), que reúne estes días en Compostela a 600 expertos en literatura infantil e xuvenil, botou a andar onte coa súa inauguración no Palacio de Congresos de Compostela. A ministra de Cultura, Ángeles González-Sinde, presidiu un acto no que tamén participou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. Na inauguración tamén participaron a presidenta do IBBY, Patricia Aldana, e o presidente da Organización Española para o Libro Infantil (Oepli), María Jesús Gil, así como o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo.

A partir de hoxe comezan as sesións de traallo, obradoiros e conferencias plenarias, así como un mollo amplo de actividades culturais paralelas que permitirán aos expertos de todo o mundo participar dun programa de debates e temáticas que abordan todas as cuestións relacionadas coa literatura infantil. Exposicións no propio Palacio de Congresos, como a organizada pola Asociación Galega de Editores arredor da literatura galega e as minorías, completan un programa ambicioso que, sen dúbida, vai supor un hito importante no noso país a nivel cultural.

Comparte nas túas redes sociais ou por email