A novela 'O armiño dorme' de Xosé A. Neira Cruz, publicada na colección Costa Oeste, vén de ser merecente doutro importante recoñecemento internacional ao entrar a formar parte do Programa Biblioteca na Escola 2011 do goberno brasileiro. Unha excelente nova para unha excelente novela.
Que entre esta obra, na súa versión brasileira publicada por SM Brasil, implica, na práctica, que vai chegar a unha cantidade realmente impresionante de mozos e mozas lectoras. Quince mil serán os beneficiados que coñecerán de primeira man a apaixonante historia de amor que agochan as páxinas de 'O armiño dorme'.
Unha gran nova para a literatura galega.