Árbores por tres

Categoría: Nova

Estes días está a chegar ás librerías de toda Galicia novas edicións dalgúns títulos da colección Árbore, deseñada pola nosa editorial para os lectores xa autónomos que están desexosos de atopar boas historias nas que meterse. É o caso de títulos como 'Espantallo amigo' de Xosé Neira Vilas, que chega á novena edición, 'As vacacións de Saida' de Eva Peydró, á terceira, ou o 'Vaiche boa' de Paul Jennings, que enceta estes días a terceira.

Grandes títulos para pequenos lectores que queren convertirse en grandes. Obras suxestivas para que os que teñen que irse alimentando de letras e de ficción e que atoparán, nestas obras, como vai refrendando o seu éxito, un guieiro seguro cara a fantasía.

Comparte nas túas redes sociais ou por email