Un Camiño virtual

Onte activamos, dende a nosa web, no banner que verás na portada, a posibilidade dunha visita virtual pola exposición, inaugurada a semana pasada, 'A dimensión europea da Galicia espiritual' e que está aberta na Fundación Penzol de Vigo ata o vindeiro 13 de outubro. Deste xeito, todos aqueles que non poidan achegarse ata a cidade […]

'O armiño dorme' triunfa no Brasil

A novela 'O armiño dorme' de Xosé A. Neira Cruz, publicada na colección Costa Oeste, vén de ser merecente doutro importante recoñecemento internacional ao entrar a formar parte do Programa Biblioteca na Escola 2011 do goberno brasileiro. Unha excelente nova para unha excelente novela. Que entre esta obra, na súa versión brasileira publicada por SM […]

Árbores por tres

Estes días está a chegar ás librerías de toda Galicia novas edicións dalgúns títulos da colección Árbore, deseñada pola nosa editorial para os lectores xa autónomos que están desexosos de atopar boas historias nas que meterse. É o caso de títulos como 'Espantallo amigo' de Xosé Neira Vilas, que chega á novena edición, 'As vacacións […]

Presentado o 'Menú de enganos' de Singala

Onte, na Couceiro de Santiago, presentouse o novo libro de Manuel Núñez Singala, 'Menú de enganos' publicado na colección Costa Oeste da nosa editorial. O acto foi aberto polo editor do libro, Francisco Castro, quen comentou como dende o instante en que se recibira o orixinal de Singala todos se sentiron engaiolados diante da proposta. […]

Imaxes no espello

Hoxe espertei melancólica e reflexiva. Peiteándome fronte o espello, tiven a sensación de que os meus cabelos se volvían verdes ramiños de arraián. Fermosa visión. De seguida, unha serie de imaxes sen orde cronolóxica, arrastradas polo vento das lembranzas pasaron fronte a min; e vin reflectidos no espello momentos de beleza, música e lodos que […]

Ovellas na néboa

Non, se vai ser iso, que a culpa de todo a teñen nosos pais. Eles, nosos avós, nosos tataravós e canta xeración nos precedeu e nos entregou esta cántiga. A cousa esa de que hai que ser boa persoa e facer ben as cousas. E que hai que ser honrado e estudar e esforzarse. E […]

Unha cociña na que nos recoñecemos

O salón do Real Club Náutico de Vigo quedou pequeno para acoller a presentación do novo libro de receitas do cociñeiro Benigno Campos. O acto, presidido por palabras emocionantes e discursos sobre a felicidade, encheuse tamén de música. Por algo este novo receitario vén acompañado dun CD coas cantigas do programa de Larpeiros. Abriu o […]

Xurxo Sierra Veloso recibiu o premio Repsol

Onte, na Fundación Luis Seoane da Coruña, o escritor Xurxo Sierra Veloso recibía o premio de novela Repsol pola súa obra 'Os fíos' que vimos de publicar na nosa colección Literaria. No acto participaron o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, o vicepresidente da Fundación Repsol, César Gallo e o director xeral da Editorial […]