Xabier López López presenta OS LIBROS PRESTADOS

Categoría: Nova

Hoxe presentarase en público o novo libro de Xabier López López, na súa cidade natal.
Nesta presentación en Betanzos, Xabier López López estará acompañado por Gabriela Rodríguez, presidenta da Asociación Cultural Eira Vella, Carlos Lema, director de edicións de Galaxia, e Santiago Jaureguizar, xornalista e escritor.
Durante este mes, e parte do que vén, o libro de Xabier López López está a protagonizar a sección 'Balcón de libros' do noso blog, onde os internautas poden deixar os seus comentarios arredor das distintas reflexións que o de Betanzos vai deitando sobre a súa obra.

Comparte nas túas redes sociais ou por email