Conversa con Benigno Campos en Betanzos

Este xoves, na Libraría Biblos de Betanzos, o popular cociñeiro Benigno Campos manterá un coloquio con todas aquelas persoas que queiran partillar co cociñeiro do popular programa da Televisión de Galicia, LARPEIROS. Unha boa ocasión para preguntarlle sobre os segredos da súa cociña.

Gran resposta á oferta de prevenda do Ulises de Joyce

Cando xa vai case que un mes dende que anunciamos a oferta de prevenda do libro de James Joyce, 'Ulises', que en breve estará nos andeis de todas as librerías do país, constatamos o grande interese suscitado pois son moitos os lectores e lectoras que se acolleron a esta posibilidade de conseguir este clásico da […]

Día das Librerías

Hai tres anos, timidamente, arrancaba un día dedicado ás librerías. E tres anos despois, emella como que a festividade xa está totalmente asimilada dentro do adn emocional de todos e de todas as que amamos os libros e todo o que ten que ver coa súa difusión, ben sexa dende a edición ou dende as […]

Fin de semana de música infantil

Esta fin de semana, preludio da vindeira en que os escolares collerán xa as vacacións de Nadal, vai ser especialmente prolífico en concertos pensados para eles. Os músicos e músicas que recentemente teñen publicado libro-discos na nosa editorial, visitan distintas localidades para seguir cantando, desta volta en directo, as cancións que xa se poden debullar […]

Presentación do libro de Xaime Subiela 'Para que nos serve Galiza?' en Santiago

Presentación do libro gañador do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio correspondente ao ano 2013. Participarán, xunta o autor, na librería Couceiro de Santiago, Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Amalia Baltar Estévez en representación de Gas Natural Fenosa, e Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia. Cando recibiu o premio, […]

'As conversas de Alén Nós' Homenaxe a Francisco Fernández del Riego en Redondela

Dentro das actividades que están a celebrarse este ano para conmemorar o Centenario Francisco Fernández del Riego, este martes celebrarase en Redondela un acto de homenaxe á súa vida e obra, ás 20 horas na Casa da Torre e que contempla a proxección do vídeo 'Francisco Fernández del Riego no río do tempo'. Participarán: – […]

Presentación de 'Bícame, Frank' en Santiago

O escritor Miguel Anxo Fernández presentará a súa nova novela, 'Bícame, Frank' na Librería Cronopios de Santiago. Estará acompañado polo debuxante de Banda Deseñada Eduardo Galán 'Dudi' e polo xornalista Moncho Lemos. A novela, como todas as da saga, está protagonizada por Frank Soutelo, detective de quen, o crítico literario Ramón Nicolás sinalou que é […]

Presentación do libro-disco 'De Voces Ceibes a Milladoiro' de Antón Seoane no Saviñao

Presentación do libro-disco de Antón Seoane, 'De Voces Ceibes a Milladoiro. UNHA MEMORIA DO MOVIMENTO POPULAR DA CANCIÓN GALEGA (1973-1978)'. Participarán, xunta o autor, Pilar Sampil en representación da Editorial Galaxia, coeditora da obra xunto a Pai Música. O disco-libro, da autoría de Antón Seoane, recolle dezoito cancións cantadas entre 1973 e 1978 por dous […]