'As conversas de Alén Nós' Homenaxe a Francisco Fernández del Riego en Redondela

Categoría: Nova

Dentro das actividades que están a celebrarse este ano para conmemorar o Centenario Francisco Fernández del Riego, este martes celebrarase en Redondela un acto de homenaxe á súa vida e obra, ás 20 horas na Casa da Torre e que contempla a proxección do vídeo 'Francisco Fernández del Riego no río do tempo'.
Participarán:
– María Dolores Cabrera (Padroeira da Fundación Penzol)
– Francisco Domínguez (Director da Fundación Penzol)
– Víctor F. Freixanes (Director da Editorial Galaxia)
– Xurxo Martínez (Escritor e Investigador)

Comparte nas túas redes sociais ou por email