Presentación de 'Bícame, Frank' en Santiago

Categoría: Nova

O escritor Miguel Anxo Fernández presentará a súa nova novela, 'Bícame, Frank' na Librería Cronopios de Santiago. Estará acompañado polo debuxante de Banda Deseñada Eduardo Galán 'Dudi' e polo xornalista Moncho Lemos.
A novela, como todas as da saga, está protagonizada por Frank Soutelo, detective de quen, o crítico literario Ramón Nicolás sinalou que é "un investigador solidamente deseñado que foxe de estereotipos actuando como protagonista e "marca" inevitable, exhibindo, se se quere, unha filosofía peculiar e intransferible alén do asunto argumental que se recree. Así, calquera que se achegue a estas páxinas vai verse mergullado, a través dun ritmo trepidante que percorre diversas vilas e cidades galegas, na
resolución dun caso que no fondo son varios, onde manuscritos e papiros se dan a man con intereses e actividades ilícitas onde nunca se perde de vista o ocasión de deitar esa ollada crítica á realidade que vivimos no noso tempo".

Comparte nas túas redes sociais ou por email