Presentación do libro-disco 'De Voces Ceibes a Milladoiro' de Antón Seoane no Saviñao

Categoría: Nova

Presentación do libro-disco de Antón Seoane, 'De Voces Ceibes a Milladoiro. UNHA MEMORIA DO MOVIMENTO POPULAR DA CANCIÓN GALEGA (1973-1978)'. Participarán, xunta o autor, Pilar Sampil en representación da Editorial Galaxia, coeditora da obra xunto a Pai Música.
O disco-libro, da autoría de Antón Seoane, recolle dezoito cancións cantadas entre 1973 e 1978 por dous dos grupos mais senlleiros da Canción Galega daqueles anos e recolle poemas de Rosalía de Castro, Celso Emilio Ferreiro, Xosé Luis Méndez Ferrín, Xosé Quintas Canella, Antón Seoane, Bibiano Morón, Xoán Manuel Casado, Álvaro Cunqueiro e a canción popular "O sancristán de Coímbra", entre outros.
Na ligazón á dereita destas liñas podes ver o trailer de presentación.

Comparte nas túas redes sociais ou por email