Crónica dun Culturgal ilusionante

Onte rematou o Culturgal, a Feira das Industrias Culturais que se celebrou en Pontevedra e no que a nosa editorial tivo un protagonismo importante, cun mollo de actividades dirixidas a todos os públicos e en varios formatos. Máis de 14.000 persoas pasaron polas instalacións dun Culturgal que cada ano medra máis a todos os niveis […]
Conversa con Benigno Campos en Betanzos

Este xoves, na Libraría Biblos de Betanzos, o popular cociñeiro Benigno Campos manterá un coloquio con todas aquelas persoas que queiran partillar co cociñeiro do popular programa da Televisión de Galicia, LARPEIROS. Unha boa ocasión para preguntarlle sobre os segredos da súa cociña.
Gran resposta á oferta de prevenda do Ulises de Joyce

Cando xa vai case que un mes dende que anunciamos a oferta de prevenda do libro de James Joyce, 'Ulises', que en breve estará nos andeis de todas as librerías do país, constatamos o grande interese suscitado pois son moitos os lectores e lectoras que se acolleron a esta posibilidade de conseguir este clásico da […]
Sentir co primeiro libro

Intento reflexionar sobre como me sinto ao saír publicado o meu primeiro libro e, aínda que sexa un tópico, non podo deixar de evocar os sentimentos propios da maternidade. Síntome rebordante de endorfinas e oxitocina, substancias que me acompañan desde hai xa algo máis de nove meses. Primeiro foi aquela ilusión levada en segredo ata […]
Como mellorar a capacidade forestal en Galicia?

O xardín dos avós Así titula o editor a súa carta que abre este número da revista: "O xardín dos avós", centrado nas reflexións, información e debates que se desenvolveron contra o mes de abril deste ano na sede da Fundación Barrié (A Coruña), organizados pola Asociación de Antigos Bolseiros da fundación (Diálogos 03). Con […]
Alfonso Becerra de Becerreá

MÁQUINA HAMLET E OUTRAS PEZAS de HEINER MÜLLER (Galaxia, 2013) é un libro fundamental porque recolle obras da segunda metade do século XX que supuxeron un cambio radical na concepción do teatro. Heiner Müller é un dos grandes reformadores da dramaturxia universal: a súa concepción plástica e visual a partir da acción verbal, a estética […]
César Lorenzo Gil

A narrativa curta de Ánxel Fole engarza nunha mesma técnica os praceres especulares da lectura e da escrita. Que gusto ler os seus contos na cama, achegando o edredón ao nariz para escorrentar o frío e o medo. Escribir como o fai Fole é o que busca calquera con inquedanzas literarias, cando ensaia sobre o […]
Xosé Antonio López Silva

Foi unha das cobizosas lecturas de finais de 2012, dende o momento en que souben que María López Sández obtivera o Premio de Narrativa Breve Repsol pola súa primeira novela, A forma das nubes (Vigo, Galaxia, 2012). A traxectoria da autora como ensaísta dera como froito o seu espléndido libro Paisaxe e nación. A creación […]