Crónica dun Culturgal ilusionante

Categoría: Nova

Onte rematou o Culturgal, a Feira das Industrias Culturais que se celebrou en Pontevedra e no que a nosa editorial tivo un protagonismo importante, cun mollo de actividades dirixidas a todos os públicos e en varios formatos.
Máis de 14.000 persoas pasaron polas instalacións dun Culturgal que cada ano medra máis a todos os niveis e que xa comeza a preparar a edición do ano que vén.
No noso blogue deixamos unha completa crónica fotográfica desta edición e das actividades desenvolvidas pola nosa Editorial.

Comparte nas túas redes sociais ou por email