Día das Librerías

Categoría: Nova

Hai tres anos, timidamente, arrancaba un día dedicado ás librerías. E tres anos despois, emella como que a festividade xa está totalmente asimilada dentro do adn emocional de todos e de todas as que amamos os libros e todo o que ten que ver coa súa difusión, ben sexa dende a edición ou dende as propias librerías.
Este venres, xa que logo, é xornada para homenaxear a estes establecementos nos que tantos e tantas temos pasado grandes horas de pracer, de pescuda, de encontro con volumes que nos teñen dado alegrías, que nos teñen feito pensar e que nos alimentan a través de páxinas como tamén alimenta o pan.
Este venres, no Día das Librerías, homenaxeémolas visitándoas, navegando entre os seus andeis, alcanzando os libros, léndoos. Son parte de nós. E queremos que sigan séndoo.

Comparte nas túas redes sociais ou por email