No Centenario de Manuel Murguía

A editorial Galaxia quere sumarse á celebración do centenario da morte de Manuel Murguía, o 1 de febreiro de 1923, neste ano que se lle vai dedicar dende diversas institucións galegas, entre elas a Real Academia Galega, da que foi o seu primeiro presidente ata o seu falecemento. Historiador, poeta, xornalista, crítico, narrador, axitador cultural, […]

Presentación de “Vivir e morrer pola causa”, en Vigo

O mércores 11 de xaneiro, celebrarase, ás 20 h, na libraría Cartabón de Vigo, a presentación de Vivir e morrer pola causa. Biografía de José Gómez Gayoso, de Carlos A. Portomeñe Pérez. Acompañando o autor, estará o catedrático Xesús Alonso Montero. Publicado na colección Memoria Histórica, este libro achega ás lectoras e lectores á biografía de […]

Xa na rúa a biografia de Don Paco escrita por Malores Villanueva

Esta semana chegará a todas as librarías de Galicia a biografía, Francisco Fernández del Riego, un loitador pola idea de Galicia, da profesora Malores Villanueva quen tantas horas de confidencias compartiu co homenaxeado do Día das Letras Galegas 2023. Publicada na colección Letras Galegas, esta é a biografía máis completa e documentada sobre a figura de Don […]

No aniversario de Francisco Fernandez del Riego

Este 7 de xaneiro, don Paco faría 110 anos (Lourenzá 1913) mais tamén os farían Adrián Solovio, Adrián Soutelo, Salvador Lorenzana, Cosme Barreiros e Alevín, todos alcumes que empregounos xornais e revistas naqueles días aciagos e incertos en que tiña prohibido publicar e estaba vivindo de prestado polo seu compromiso co país e co galeguismo. […]

Galaxia publica “Lourenzá”, de Francisco Fernández del Riego

Acaba de chegar aos nosos almacéns o libro Lourenzá, da autoría do homenaxeado no Día das Letras Galegas 2023. Nesta obra o autor rende tributo a súa benquerida terra natal. Como el mesmo afirma no limiar do libro, “é unha historia rememorativa a que vou reproducir nestas páxinas. Tento contar nelas o que teño aprendido sobre o pasado […]

No pasamento de Rogelio Groba

O compositor galego Rogelio Groba faleceu onte, no seu domicilio da Coruña. Nado en Ponteareas, é autor dun minucioso catálogo musical con pezas de todos os xéneros que deixa, ademais, un inmenso legado pedagóxico en toda a comunidade galega; como así o desexou nunha das súas derradeiras entrevistas, na que afirmou que lle gustaría “ser […]

María Canosa gaña o V Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro

Hoxe, no Concello da Pobra do Caramiñal, o xurado do V Premio de Literatura Carlos Mosteiro, composto por Encarna Pego, profesora, Xosé Antonio Neira Cruz, escritor, gañador da anterior edición, e Marcos Calveiro, director de Edicións de Editorial Galaxia; decidiu por maioría outorgar o premio a obra presentada baixo o título de Teño un volcán dentro que, […]

Manuel Rivas recibe a Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes

O escritor Manuel Rivas vén de recibir a Medalla de Ouro das Belas Artes que concede o Ministerio de Cultura. Rivas é un dos escritores galegos con maior proxección internacional e un dos autores máis destacados no actual panorama das letras galegas. Dende 2009 é membro da Real Academia Galega. É autor dunha obra literaria que […]