Oriana Méndez presenta CERO

Este venres 17 de xuño, ás 20 h, no centro socio-cultural Bou Eva (Rúa Tercio de fóra, 11-baixo A) de Vigo, a escritora Oriana Médez presentará o seu novo poemario, 'cero'. No acto estará acompañada polo director literario de Galaxia, Carlos Lema, e os poetas Chus Pato e Gonzalo Hermo. Sobre este novo poemario, a […]

Homenaxe a Neira Vilas en Sanxenxo

Velaquí algunhas fotos da Homenaxe a Xosé Neira Vilas celebrada en Sanxenxo o pasado venres, día 10, e organizada por un equipo no que colaboraron os centros participantes no VII Certame Literario (IES de Sanxenxo, IES de Vilalonga, CEIP A Florida, CEIP de Dorrón e CEIP de Portonovo) xunto coa rede de Bibliotecas Municipais do […]

Lois Pereiro en Buenos Aires

Federico Trillo, alumno de 3º de bacharelato, e Luján Martínez Saborido, tamén alumno do Colexio Apóstolo Santiago de Buenos Aires, son autores da crónica e da reportaxe fotográfica, homenaxe ao poeta Lois Pereiro, a quen este ano a RAG dedicou o Día das Letras Galegas. Hai pouco que reseñabamos aquí a lectura de poemas e […]

Finou Juan Farias

Hai dous días finaba o escritor de Serantes, Juan Farias. No catálogo de Galaxia publicara 'Bastián e mailos trasnos' no ano 97. A pesar de escribir no básico en castelán, foi un autor recoñecido no ámbito da literatura infantil e xuvenil galega. Galicia e as súas xentes eran unha constante nos seus libros. Entre os […]

Unha presentación para a integración

Este sábado, ás once da mañá, na Asociación de Xordos de Vigo, na rúa Romil 24, a escritora Mariné Lorenzo Corcoba presentará o seu libro 'Un soño na bandexa', nun espectáculo que procura axudar á integración de todos os colectivos, neste caso o dos nenos e nenas con dificultades auditivas, que tamén teñen dereito a […]

Presentación en Cambados de LUME DE COBIZA

O escritor Miguel Anxo Fernández presenta a cuarta novela do detective Frank Soutelo, primeira das súas aventuras en Galicia. Participan tamén Saúl Otero, pintor e mestre, e Ángel de la Cruz, director de cine. Nesta nova novela, e logo da súa peripecia de sabuxos nos depravados ambientes de Hollywood, Frank Soutelo regresa para afrontar o […]

'Retornos', por Anxos Sumai

En 'Cociñando ao pé da letra', Anxos Sumai preparounos unha interesante Crema de cenorias. De seguido, o seu texto. Crema de cenorias Ingredientes Unha cullerada grande de aceite de oliva Un dente de allo Un cebola mediana picada Dous tomates Tres allos porros Dez cenorias Un litro de auga 250 cc de nata líquida Noz […]

Presentación de FOGAR IMPRONUNCIABLE en Compostela

A libraría Couceiro acolle mañá a presentación do último ensaio de María do Cebreiro Rábade Villar. A autora estará acompañada polo director literario de Galaxia Carlos Lema, Ana Salgado e Isaac Lourido. Neste libro, a autora estuda as implicacións políticas das figuras espectrais na poesía galega, procurando na representación das pantasmas síntomas dunha perda colectiva […]