Finou Juan Farias

Categoría: Nova

Hai dous días finaba o escritor de Serantes, Juan Farias. No catálogo de Galaxia publicara 'Bastián e mailos trasnos' no ano 97.
A pesar de escribir no básico en castelán, foi un autor recoñecido no ámbito da literatura infantil e xuvenil galega. Galicia e as súas xentes eran unha constante nos seus libros.
Entre os seus numerosos premios figura o Nacional de Literatura de 1980.
Hoxe, a nosa LIX está de loito por esta pérdida terrible.

Comparte nas túas redes sociais ou por email