Unha presentación para a integración

Categoría: Nova

Este sábado, ás once da mañá, na Asociación de Xordos de Vigo, na rúa Romil 24, a escritora Mariné Lorenzo Corcoba presentará o seu libro 'Un soño na bandexa', nun espectáculo que procura axudar á integración de todos os colectivos, neste caso o dos nenos e nenas con dificultades auditivas, que tamén teñen dereito a gozar das boas historias.
Na presentación, e coa axuda dunha 'camareira' moi especial (o libro está protagonizado por un camareiro), quen a través da súa actuación e a linguaxe de signos fará chegar a historia a todos os que non poderán oíla, haberá tamén bailes, xogos, e a posibilidade de pintar con Jorge Vázquez, un dos ilustradores do libro.
Por vez primeira na historia da Asociación celébrase alí unha presentación. Onte, en rolda de prensa, a súa directora amosaba a súa satisfacción por poder acoller unha actividade que procura, primeiro de todo, a integración, que os nenos e nenas xordos poidan gozar, tamén, dunha actividade que os achega á literatura, á ficción, á fantasía.
Este sábado, xa que logo, presentamos moito máis ca un libro.

Comparte nas túas redes sociais ou por email