Abran os ollos

Yolanda Castaño escribiu un vibrante limiar para o libro, coordinado por ela e co traballo fotográfico de Andrea Costas, 'Cociñando ao pé da letra', no que 21 escritoras e escritores de nós cociñan receitas moi literarias. Velaquí as súas palabras. Recenden a boa cociña. Á de sempre. O talento para a escrita non chega coma […]
Presentación da nova edición de ELA, MALDITA ALMA

Mañá presentaremos en Compostela a nova edición do libro de relatos de Manuel Rivas, 'Ela, maldita alma', publicado xusto despois, no seu día, de 'Que me queres, amor?', colectánea de relatos que supuxo a súa consagración definitiva como narrador. Participarán Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia, e o autor, quen lerá algún destes relatos […]
Cociñando ao pé da letra. O vídeo

O libro 'Cociñando ao pé da letra' coordinado por Yolanda Castaño e coas fotos de Andrea Costas, permítenos unha achega á faceta culinaria dalgunhas das voces máis sobranceiras da nosa literatura. Para dar unha idea de como foi todo o proceso de traballo para a preparación do libro, realizamos este vídeo que podes descargar dende […]
Segunda edición para 'A lei das ánimas'

Estes días está a chegar ás librerías do país a segunda edición da novela de Carlos G. Reigosa, 'A lei das ánimas', novela que o autor da Pastoriza centra na Santa Compaña nun novo caso do ben coñecido polas lectoras e lectores galegos, Nirvardo Castro. Desta novela dixo o crítico literario Ramón Nicolas nas páxinas […]
Recoñecemento para JAN ESTIVO ALÍ

A prestixiosa revista CLIJ, todo un referente no que se refire á Literatura Infantil e Xuvenil de calidade, vén de publicar no seu último número a súa lista de honra anual que recoñece os mellores títulos editados e clasificados por idades do ano pasado. No referido ao chanzo de idade que vai dos oito aos […]
Lois Pereiro segue connosco

"Lois Pereiro é un poeta popular. Un poeta que conecta coa contemporaneidade e que de seguro está a ser entendido pola mocidade, pola xente nova do país. Esta é a súa forza e a garantía da súa permanencia". Antón Lopo presentou na súa terra de Monforte, de onde é o xornalista e onde naceu tamén […]
O patrimonio da comunidade

O número 189 da revista GRIAL aborda un dos temas de maior debate social nos últimos tempos: a significación do común (o patrimonio e os valores comunitarios) fronte ás estratexias e mecanismos do interese privado, tanto no eido da economía coma no eido da comunicación, a cultura, o medio ambiente, a ciencia, a información, etc. […]
Sétima edición para 'Made in Galiza'

Dende a súa aparición no ano 2007, 'Made in Galiza', de Séchu Sende, non deixa de se editar. Referencial en moitos centros de ensino pola vitalidade dos seus relatos á hora de estudar as cuestións da nosa (estraña) sociolingüística, os relatos deste volume cativan tamén ano tras ano a un público xeralista que cae rendido […]