Mañá presentaremos en Compostela a nova edición do libro de relatos de Manuel Rivas, 'Ela, maldita alma', publicado xusto despois, no seu día, de 'Que me queres, amor?', colectánea de relatos que supuxo a súa consagración definitiva como narrador. Participarán Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia, e o autor, quen lerá algún destes relatos co acompañamento musical do acordeonista Rómulo Sanjurjo.
Nesta ocasión, 'Ela, maldita alma' volve a saír do prelo con dous relatos inéditos, "O espertar da criada" e "O misterio da luz".
Para os amantes do Rivas de sempre esta será unha máis que boa oportunidade de se reencontrar cunha das voces literarias máis singulares do noso país.