Sétima edición para 'Made in Galiza'

Categoría: Nova

Dende a súa aparición no ano 2007, 'Made in Galiza', de Séchu Sende, non deixa de se editar. Referencial en moitos centros de ensino pola vitalidade dos seus relatos á hora de estudar as cuestións da nosa (estraña) sociolingüística, os relatos deste volume cativan tamén ano tras ano a un público xeralista que cae rendido diante deste equilibrio de humor, amor, tenrura e retranca que destilan todos e cada un dos relatos do autor padronés.

Agora, xa nas librerías, a sétima edición, algo ben difícil de conseguir na nosa lingua e que confirma a Séchu Sende como o gran narrador que sempre foi dende aquel 'Orixe' co que gañaba o Premio Blanco Amor en 2003.

Comparte nas túas redes sociais ou por email