Oriana Méndez presenta CERO

Categoría: Nova

Este venres 17 de xuño, ás 20 h, no centro socio-cultural Bou Eva (Rúa Tercio de fóra, 11-baixo A) de Vigo, a escritora Oriana Médez presentará o seu novo poemario, 'cero'.
No acto estará acompañada polo director literario de Galaxia, Carlos Lema, e os poetas Chus Pato e Gonzalo Hermo.

Sobre este novo poemario, a poeta acláranos: 'Concibín o libro desde o distanciamento da realidade, e a partir del pode que trate da memoria, o poder… Algo moi importante no libro é que a persoa autora escribe desde a alteración da percepción, e de feito faise isto explícito nun poema. A idea é tomar a loucura como lugar desde o que cuestionar a realidade'.

Comparte nas túas redes sociais ou por email