Presentación de FOGAR IMPRONUNCIABLE en Compostela

Categoría: Nova

A libraría Couceiro acolle mañá a presentación do último ensaio de María do Cebreiro Rábade Villar. A autora estará acompañada polo director literario de Galaxia Carlos Lema, Ana Salgado e Isaac Lourido.
Neste libro, a autora estuda as implicacións políticas das figuras espectrais na poesía galega, procurando na representación das pantasmas síntomas dunha perda colectiva que aínda non foi reparada e analizando o modo no que a propia cultura galega funcionou historicamente dun xeito espectral. Como pano de fondo, a tensión entre a condicionalidade precaria dos espectros e as demandas dunha identidade colectiva pretendidamente estable.
María do Cebreiro vaise convertendo, así, nunha das voces máis sólidas do ensaísmo galego contemporáneo.

Comparte nas túas redes sociais ou por email