Galaxia pioneira

Só unha editorial galega, Galaxia, figura entre as 51 que no estado español participan no proxecto Enclave. Esta iniciativa, multiplicou por dous tanto o número de libros dixitalizados, con dereito de autor e opción de compra, como o número de participantes en apenas tres meses, segundo se fixo público onte dende a Federación de Gremios […]

Grande éxito na presentación de PRISCILIANO NA CULTURA GALEGA

A Biblioteca de Estudos Locais da Coruña acolleu este mércores a presentación deste ensaio sobre Prisciliano que é xa referencia obrigada nos estudos sobre esta figura histórica. Foi un éxito rotundo de asistencia, case cen persoas encheron a sala da biblioteca, destacando ademais que se trataba dun público plural, representativo de distintas xeracións e ideoloxías. […]

POR QUE NON APRENDO?

A presentación tivo lugar na Casa do Libro de Vigo, e acompañando á autora estiveron Francisco Castro e Héitor Mera, ademais dun público numeroso de amigos e compañeiros da autora. Por que non aprendo? está escrito cun afán eminentemente práctico, nunha linguaxe accesible e destinado a todos aqueles (pais, nais, profesionais do ensino, orientadores…) que […]

Os galegos e o viño

A presentación terá lugar hoxe, ás 11.00 h, na Sala de Profesores (Decanato) da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela. O autor estará acompañado por Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia. O título A rosa do viño inspírase no procedemento popular empregado para apreciar a calidade do viño reparando […]

Luís Pimentel volveu a Lugo

Onte xoves, as instalacións da Galería Sargadelos de Lugo quedaron pequenas para acoller a tanta xente como acodíu á presentación da 'Obra Completa' de Luís Pimentel. Nunha sala ateigada, Benxamín Casal, vicepresidente de Galaxia, e Araceli Herrero, editora da obra, sentou tamén na mesa Fuco Basanta, bisneto do poeta, quen, nunha emotiva lectura, recitou algúns […]

Homenaxe a Agustín Fernández Paz

O Salón do Libro de Pontevedra organiza esta homenaxe a Agustín Fernández Paz, que contará coa intervención de Xabier P. Docampo e a actuación de Mini e Mero. Con este acto, o evento máis importante de todos os que se celebran en Galicia arredor da Literatura Infantil e Xuvenil, como é o Salón do Libro […]

O García Barros do século XXI

Onte, co gallo do acto da sinatura do convenio entre o Concello da Estrada e a Editorial Galaxia, informouse de que a partir da vindeira edición, a novela gañadora sairá ao tempo en papel e en formato dixital. O Concello da Estrada e a editorial Galaxia renovaron onte o convenio de colaboración que garante a […]

'Sempre en Galiza' sempre

Tal día coma onte, hai 66 anos, publicábase en Buenos Aires, a obra referencial do galeguismo, 'Sempre en Galiza' de Castelao. A pesar de que, debido ás circunstancias políticas, tivo que publicarse no exilio, e a pesar de que chegou á terra dun xeito clandestino, a obra de Castelao sempre estivo en Galicia e hoxe, […]