Onte, co gallo do acto da sinatura do convenio entre o Concello da Estrada e a Editorial Galaxia, informouse de que a partir da vindeira edición, a novela gañadora sairá ao tempo en papel e en formato dixital.
O Concello da Estrada e a editorial Galaxia renovaron onte o convenio de colaboración que garante a publicación cada ano das obras gañadoras do certame literario estradense. Como dicimos, o novo acordo, que terá dez anos de vixencia, introduce como novidade a publicación da novela gañadora da próxima edición do García Barros en formato dixital. A obra poderá adquirirse nas librerías en papel, pero tamén se ofertará como e-Book.
A renovación do convenio foi rubricada polo alcalde da Estrada, José Antonio Doo, e o director da editorial Galaxia, Víctor F. Freixanes. O editor referiuse ao García Barros como «un premio moi querido para a editorial».
Freixanes felicitou ao Concello da Estrada pola consolidación do premio.
A firma do convenio serviu onte de presentación oficial das bases da vixésimo segunda edición do premio de novela, cunha dotación económica de 9.000 euros. Os orixinais terán que presentarse antes do 16 de abril