Tal día coma onte, hai 66 anos, publicábase en Buenos Aires, a obra referencial do galeguismo, 'Sempre en Galiza' de Castelao. A pesar de que, debido ás circunstancias políticas, tivo que publicarse no exilio, e a pesar de que chegou á terra dun xeito clandestino, a obra de Castelao sempre estivo en Galicia e hoxe, sen dúbida, máis cá nunca.
Aínda que xa transcorreu ben de tempo, a obra do rianxeiro sigue de plena actualidade, tanto nas súas pasaxes máis coñecidas como nas menos estudadas. O grao de profundidade e a finura da súa análise abraian aínda hoxe polo certeiro dos seus planteamentos.
Daquela, e seguindo o mandado dese libro, insistimos en non esquecer quen somos e onde queremos ir, en que se somos galegos é por obra e graza do idioma, e que se queremos seguir no mundo, primeiro de todo, debemos estar sempre en Galiza.