Medran os títulos en galego

Categoría: Nova

Hoxe a prensa faise eco de dúas novas que convidan á esperanza e que subliñan o que dende hai moito tempo andamos a manter, como é que a cultura galega ten un pulo económico, ademais de simbólico, que convén ter presente e nunca perder de vista.
Entre outras cousas, hoxe sabemos que o número de títulos en galego medrou un 25 por cento no último ano, o que quere dicir que, neste contexto de crise económica globalizada, o libro galego é quen de, a pesar de todo, manter a navegación.
Por outra banda, facíase público onte un informe que demostra que as provincias da Coruña e Lugo son as de maior número de librerías por habitante, mentres que Pontevedra aparece no sétimo lugar.
Daquela, a piques de enfrontarnos á primavera, constatamos que o sol sae e que o libro e as librerías, en Galicia e en galego, seguen vivas.

Comparte nas túas redes sociais ou por email