O Salón do Libro de Pontevedra organiza esta homenaxe a Agustín Fernández Paz, que contará coa intervención de Xabier P. Docampo e a actuación de Mini e Mero.
Con este acto, o evento máis importante de todos os que se celebran en Galicia arredor da Literatura Infantil e Xuvenil, como é o Salón do Libro de Pontevedra, rende tributo ao que, sen dúbida, é o noso autor máis importante, inspiración para outros e outras que tamén poñen a súa pluma ao servizo da fantasía dos máis pequechos. Pero, sobre todo, réndese homenaxe a un escritor que goza do favor unánime de milleiros de lectores de todas as idades.
Este sábado, todos con Agustín.