Onte xoves, as instalacións da Galería Sargadelos de Lugo quedaron pequenas para acoller a tanta xente como acodíu á presentación da 'Obra Completa' de Luís Pimentel.
Nunha sala ateigada, Benxamín Casal, vicepresidente de Galaxia, e Araceli Herrero, editora da obra, sentou tamén na mesa Fuco Basanta, bisneto do poeta, quen, nunha emotiva lectura, recitou algúns poemas do bisavó.
Para a nosa editorial, a edición desta 'Obra Completa' é un motivo de gran satisfacción xa non só polo que implica dende o punto de vista literario senón, sobre todo, pola importancia fundamental de Pimentel como un dos autores traídos para o galeguismo a través do maxisterio incansable e constante de Ramón Piñeiro.
No noso blog atoparás unha galería de fotos máis que completa dun acto literario que nos deixou unha fonda pegada.