POR QUE NON APRENDO?

Categoría: Nova

A presentación tivo lugar na Casa do Libro de Vigo, e acompañando á autora estiveron Francisco Castro e Héitor Mera, ademais dun público numeroso de amigos e compañeiros da autora.

Por que non aprendo? está escrito cun afán eminentemente práctico, nunha linguaxe accesible e destinado a todos aqueles (pais, nais, profesionais do ensino, orientadores…) que se enfrontan á problemática das dificultades de aprendizaxe.

Cun estilo claramente didáctico, procurando a sinxeleza e evitando a terminoloxía especializada, Silvia Caride López explícanos como podemos axudar os nosos fillos/as en todo o que teña que ver coa súa aprendizaxe. A autora recorre a casos concretos e á súa experiencia profesional para mergullarnos nun camiño que conduce directamente ao fin que moitos pais e nais perseguen: axudar os seus nenos e nenas no camiño longo da educación.

Comparte nas túas redes sociais ou por email