Grande éxito na presentación de PRISCILIANO NA CULTURA GALEGA

Categoría: Nova

A Biblioteca de Estudos Locais da Coruña acolleu este mércores a presentación deste ensaio sobre Prisciliano que é xa referencia obrigada nos estudos sobre esta figura histórica.

Foi un éxito rotundo de asistencia, case cen persoas encheron a sala da biblioteca, destacando ademais que se trataba dun público plural, representativo de distintas xeracións e ideoloxías.

María Xosé Bravo, Concelleira de Cultura da Coruña, foi a encargada de presentar o acto e os interviñentes. O editor Víctor F. Freixanes salientou o achegamento agradable e doado de ler a un tema tan complexo. Pilar García Negro definiu o autor coma "un dos mellores ensaístas galegos".

Comparte nas túas redes sociais ou por email