Galaxia pioneira

Categoría: Nova

Só unha editorial galega, Galaxia, figura entre as 51 que no estado español participan no proxecto Enclave.
Esta iniciativa, multiplicou por dous tanto o número de libros dixitalizados, con dereito de autor e opción de compra, como o número de participantes en apenas tres meses, segundo se fixo público onte dende a Federación de Gremios de Editores de España (FGEE) e a Biblioteca Nacional de España (BNE), responsables da iniciativa.
A día de hoxe, este proxecto contén máis de 3.300 obras dixitalizadas.
A nosa editorial, que xa foi pioneira no ano 1950, cando naceu, para poñer a lingua galega no mundo en xeito de libro, continúa agora o seu labor facéndose presente nos novos soportes electrónicos deste século XXI no que camiñamos, esperanzados, e coa vista firme no futuro.

Comparte nas túas redes sociais ou por email