Como cada ano, a cidade italiana de Bolonia acolle a Feira do Libro Infantil e Xuvenil máis importante, sen dúbida, do mundo, espazo de intercambio e de diálogo entre editoriais, autores, ilustradores. Editorial Galaxia estará presente nesta cita cun stand compartido con outras catro editoras galegas.
Serán catro días plenos de actividade arredor dun sector da industria do libro que é a todas luces esencial. Os libros que facemos para os máis pequechos da casa, a calidade dos autores e autoras que escriben para este chanzo de idade, o nivel, altísimo, dos ilustradores, fan que a cita de Bolonia sexa unha festa na que aprender pero, tamén, un bo medidor das tendencias e de por onde vai camiñar un futuro no que, a industria editorial galega, dende sempre, se sitúa na vangarda.