Dobrete para Miguel Anxo Murado

O xurado do XXIII Premio Antón Losada Diéguez acordou conceder o premio de creación literaria á narración O soño da febre, de Miguel Anxo Murado. Neste caso, os responsables da selección destacan que ’partindo dun episodio real da vida do autor, preséntasenos unha galería de historias sorprendentes, ás veces oníricas e ás veces simbólicas, sempre […]
Galaxia e El País reeditan a colección "O Moucho"

Xosé María Álvarez Blázquez, na Editorial Castrelos, concebiu esta colección coa idea clara de introducir a lingua galega nos fogares do país. Entre 1967 e 1983 puxo na rúa 64 títulos en formato accesíbel e popular, con tiradas de entre 3000 e 5000 exemplares e chegando a acadar co Catecismo do labrego a impresionante cifra […]
Exposición homenaxe a Xosé Mª Álvarez Blázquez

Unha viaxe pola biografía e a obra dun autor fundamental na edición galega, a quen este se adica o Día das Letras Galegas. O visitante poderá achegarse a súa obra a través do material bibliográfico exposto, tanto da súa autoría como da súa faceta de editor, e a súa vida a través dos obxectos persoais […]
Dúas traducións de Galaxia obteñen axudas da Comisión Europea

Unha moi boa nova e a confirmación de que imos polo bo camiño na aposta firme da publicación de narrativa europea e universal, combinando as novidades -publicadas antes ou ao mesmo tempo ca en castelán- cos grandes clásicos. Un chanzo máis no avance cara á normalidade nas relacións entre o campo literario galego e as […]
Premios para autores de Galaxia

Inma López Silva gañou o Premio Blanco Amor 2007, organizado nesta edición polo Concello de Lugo, pola novela Memoria de cidades sen luz, na que recupera a época da Guerra Civil e o florecemento de galeguismo histórico na Coruña dos anos 30. Convértese así na terceira muller en obter este premio, tras Ursula Heinze e […]
Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil

As Árbores de Galaxia están repletas de froitos este ano. Novos libros para todos os banzos lectores, pero tamén libros de sempre que recuperamos en novo formato, como é a volta dun dos personaxes literarios máis populares das nosas letras: Ramón Lamote. Vintetres anos despois daquela primeira descuberta: Das cousas de Ramón Lamote, coa que […]
Presentación dos poemarios "Canle segredo" e "Vento de sal"

Interviñeron Carlos Lema, director de edicións de Galaxia e tamén poeta, a profesora de lingua e literatura galega Amparo Solla, e finalmente, por partida doble -como autor e fillo- Xosé María Álvarez Cáccamo. Amparo Solla foi a encargada de ler e comentar, desde a análise literaria pero sobre todo desde a emoción, os poemas de […]
Historia da ciencia no Museo do Pobo Galego de Santiago

A mesa redonda tivo lugar no salón de actos do Museo compostelán e nela interviñeron José Manuel Fernández de Labastida, vicepresidente de Ciencia e Tecnoloxía do Consello Superior de Investigacións Científicas; Xosé Antón Fraga, comisario da exposición; Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega, e Isaac Díaz Pardo. Uxío Labarta, director do CSIC en […]