Día Internacional da Poesía

Xunto con Canle segredo ofrecemos tamén Vento de sal, o máis recente poemario de Xosé María Álvarez Cáccamo, unha das grandes referencias da poesía galega dos nosos días e fillo da figura homenaxeada no Día das Letras. Dalgún xeito, aínda que non sexa máis ca dunha maneira simbólica, pai e fillo dialogan poéticamente, un ao […]

O Premio Repsol aumenta a súa dotación a 9.000 euros

Participaron neste acto de presentación aos medios de comunicación a Secretaria Xeral de Política Lingüística, Marisol López Martínez, o Director da Refinería de Repsol YPF na Coruña, Rafael Rubio Fernández e Víctor F. Freixanes, Director Xeral da Editorial Galaxia. Rafael Rubio fixo un agradecemento ás institucións que apoian este premio e valorou moi positivamente a […]

Francisco Castro leva "As palabras da néboa" á Casa do Libro

Os dous presentadores coincidiron en salientar as cualidades que convirten a esta novela nun fito no devir narrativo de Francisco Castro. Carlos Lema pasou revista á produción novelística do autor, a quen seguiu atentamente dende Play-back (1997), confirmando a súa calidade en Xeración perdida (2004) e Spam (2006), e leu o texto no que o […]

Murado descóbrenos Palestina

Un libro que parte das vivencias persoais do autor para relatar, coma nunha novela, a epopea dun pobo a través dos ollos dun dos narradores galegos con meirande capacidade para descubrir as historias agachadas na tona da realidade. Cun ritmo narrativo e unha prosa que engaiolan o lector, Miguel Anxo Murado conta a súa viaxe […]

Carlos Lema obtén o Premio de Poesía Johán Carballeira

O xurado, formado por Miro Villar, Antía Otero e Paco Souto, concedeu o premio por unanimidade e salientou a "solidez da construción e elaboración" do orixinal premiado e a "riqueza que amosa polo diálogo intercultural e intertextual co discurso contemporáneo". O poemario premiado está formado por unha composición central, que dá título ao libro e […]

Fallo do Premio Ramón Piñeiro 2007

O ensaio premiado nesta sétima edición do Premio Ramón Piñeiro, que está dotado con 6.000 euros e ha ser publicado por Editorial Galaxia o próximo ano, aborda o tema da paisaxe e a súa estreita relación coa cuestión identitaria, fundamental no caso da sociedade e da cultura galegas. María López Sández, que é doutora en […]

Anxos Sumai e Séchu Sende, premiados na Noite da Edición

Arredor de trescentas persoas participaron na velada, na que se homenaxeou de xeito especial a tres editoras galegas que cumpren anos nestas datas: Biblioteca Gallega, de La Voz de Galicia, Editorial Alvarellos e A Nosa Terra. A cea literaria celebrouse na Casa dos Peixes, na cidade da Coruña. Ademais destes galardóns, concedéronse premios a Xavier […]

Cea literaria "García Barros"

Os novelistas Xerardo AgraFoxo, Alfonso Álvarez Cáccamo, Francisco Castro, Manuel Darriba, Jaureguizar, Xosé Monteagudo, Antón Riveiro Coello, Séchu Sende e Anxos Sumai, na compaña do crítico literario Xosé Manuel Eyré e mais dos editores Víctor F. Freixanes e Carlos Lema, que se encargou de conducir o debate, mantiveron un coloquio sobre "Ficción e verosemellanza: da […]