Dobrete para Miguel Anxo Murado

Categoría: Nova

O xurado do XXIII Premio Antón Losada Diéguez acordou conceder o premio de creación literaria á narración O soño da febre, de Miguel Anxo Murado. Neste caso, os responsables da selección destacan que ’partindo dun episodio real da vida do autor, preséntasenos unha galería de historias sorprendentes, ás veces oníricas e ás veces simbólicas, sempre presididas pola pantasma da febre’. A entrega terá lugar o vindeiro 8 de xuño no pazo da familia Losada, ubicado na localidade de Moldes, en Boborás.

Durante a Cea das Letras, organizada pola Asociación de Escritores en Lingua Galega, déronse a coñecer os premios ás mellores obras do 2007, outorgados polo conxunto dos socios e socias da AELG. Na categoría de narrativa resultou gañador o mesmo libro de relatos do xornalista e escritor Miguel Anxo Murado.

Galaxia vén de publicar, tamén na colección Literaria, o último libro de Miguel Anxo Murado, unha crónica da súa estadía de cinco anos en Palestina; das súas experiencias e do seu fondo coñecemento daquela terra e a súa historia conflictiva xorde Fin de século en Palestina.

Comparte nas túas redes sociais ou por email