Homenaxe a Avelino Pousa en Láncara
Ramón Villares escribiu a laudatio do homenaxeado, suliñando tres características da súa personalidade: a súa condicion de mestre, formado na tradición da Segunda República; a súa vocación agrarista, que empezou a desenvolver arredor da Escola Barreiros en Lugo e que experimentou tamén en Canarias e Zaragoza, e a súa entrega a causa do galeguismo, promotor […]
25 anos de cultura galega
A exposición, que nace con vocación itinerante, está patrocinada por Caixanova, pola Presidencia da Xunta de Galicia, pola Consellería de Cultura e Deporte e mais polo Consello da Cultura Galega, que é a institución que a promove, coincidindo cos actos conmemorativos do seu XXV aniversario. Os comisarios de Galicia 25. Unha cultura para un novo […]
Galaxia na Feira do Libro de Vigo
O pregón inaugural desta edición estivo a cargo de Camilo Nogueira, que vén de publicar os ensaios Europa, o continente pensado e Galiza na Unión, sobre a construción da Unión Europa e a súa significación para Galiza. Xosé Carlos Caneiro obsequiou o público cun recital literario-musical para presentar a súa última novela A vida nova […]
Festa grande en Trasalba arredor de Ramón Otero Pedrayo e a arquiveira Olga Gallego
A Fundación Otero Pedrayo publicou o libro-homenaxe a Olga Gallego, titulado O tecido da historia, no que se fai unha ampla glosa da vida e obra da homenaxeada. Inclúese tamén un artigo inédito de Olga Gallego sobre a figura de Otero Pedrayo, a quen coñeceu e con quen mantivo unha forte relación de admiración e […]
Olga Gallego, Premio Trasalba 2008
A memoria de Ramón Otero Pedrayo volverá a convocar unha nutrida representación da cultura galega nas instalacións e arredores da casa grande de Cimadevila, na parroquia de Trasalba, concello de Amoeiro, casa petrucia dunha das grandes personalidades das letras galegas contemporáneas. Nesta edición entregarase o Premio Trasalba á arquiveira e documentalista Olga Gallego Domínguez, nun […]
Outro premio para Anxos Sumai
Con esta súa estrea na novela xa obtivera o Premio de Narrativa Breve Repsol YPF, que lle valeu a publicación do orixinal por parte de Editorial Galaxia, e foi galardonada co premio á Autora do Ano 2007 nos Premios da Edición convocados pola AGE. Esta obra que conta a historia dunha liberación a través da […]
Renace a colección Tartaruga de Editorial Galaxia
Cun novo formato, novidoso e cheo de cor, reaparecen "os tartarugas" da man de Antonio García Teijeiro (Coplas, Aloumiños), Palmira G. Boullosa (Arrolos, Adiviñas) e David Otero (Por se che pasa), tres autores pioneiros no traballo de producir textos para os primeiros lectores. Nos cinco libros atoparemos historias cheas de música e de ritmo, todas […]
Alberto Lema presentou "Unha puta percorre Europa"
Carlos Lema, director de edicións de Galaxia, presentou o acto e desculpou a Constantino Bértolo, director editorial de Caballo de Troya, que vén de publicar o libro en castelán en tradución de Iris Cochón. Bértolo non puido acompañarnos nesta presentación como era o seu desexo e Oriana Méndez foi a encargada de ler o texto […]