Carlos Lema, director de edicións de Galaxia, presentou o acto e desculpou a Constantino Bértolo, director editorial de Caballo de Troya, que vén de publicar o libro en castelán en tradución de Iris Cochón. Bértolo non puido acompañarnos nesta presentación como era o seu desexo e Oriana Méndez foi a encargada de ler o texto que enviou para manifestar o seu interese, como editor mais tamén como lector, por esta nova e sorprendente voz literaria:

"Leyendo Revista de Letras me encontré con los poemas de un tal Alberto Lema. Me llamaron la atención por dos cosas: no estaban escritos como quien escribe encima de un palimpsesto previo y no pedían perdón por existir. No buscaban ni guiño intraliterario ni complicidades de vida interior. En la nota que los acompañaba se decía que el lector tenía escritas algunas novelas. Fue así como me puse en contacto con Alberto Lema…"

Xabier Cordal fixo un percorrido pola novela desde diversos puntos de vista, desde a política ata o cinema, destacando a capacidade da literatura para sacar a superficie as eivas ocultas da sociedade.

O autor, Alberto Lema, agradeceu o público que encheu o salón de actos a súa presencia. Entre eles puidemos ver a escritores como Xosé Luís Méndez Ferrín, Chus Pato, Anxos Sumai ou María do Cebreiro.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR