Galaxia na Feira do Libro de Vigo

Categoría: Nova

O pregón inaugural desta edición estivo a cargo de Camilo Nogueira, que vén de publicar os ensaios Europa, o continente pensado e Galiza na Unión, sobre a construción da Unión Europa e a súa significación para Galiza.

Xosé Carlos Caneiro obsequiou o público cun recital literario-musical para presentar a súa última novela A vida nova de Madame Bovary, acompañado por Xosé Manuel Salgado á guitarra.

Os lectores tamén tiveron oportunidade de coñecer a autores como Antón Riveiro Coello, Francisco Castro ou Inma López Silva, que asinaron exemplares dos seus libros.

No ámbito da literatura para os máis pequenos, Xosé A. Neira Cruz presentou o seu novo álbum ilustrado Unha chea de familias, fermosamente ilustrado por Rodrigo Chao.

Comparte nas túas redes sociais ou por email