Xosé María Álvarez Blázquez, na Editorial Castrelos, concebiu esta colección coa idea clara de introducir a lingua galega nos fogares do país. Entre 1967 e 1983 puxo na rúa 64 títulos en formato accesíbel e popular, con tiradas de entre 3000 e 5000 exemplares e chegando a acadar co Catecismo do labrego a impresionante cifra de 100.000 copias.
A colección "O Moucho" que reeditan Galaxia e EL PAÍS remata o 13 de xuño coa biografía do editor Xosé María Álvarez Blázquez, elaborada por María Dolores Cabrera, Xosé María Álvarez Blázquez. Ourive de libros. O único volume que non apareceu na etapa orixinal da serie, respecta deseño, formato, papel, tipografía, e conta cunha ilustración, obra do propio Pedro Bofill, na que retrata ao paisano d'O Moucho canda o editor.
Velaquí a relación completa de títulos coas datas de saída :
1. Catecismo do labrego. Fr. O tío Marcos. 27 de abril.
2. Cantares de cego. 28 de abril.
3. O libro do amor. 30 de abril.
4. Refraneiro do viño. 2 de maio.
5. Barriga Verde. Manuel María. 5 de maio.
6. Sal e pementa. Escolma de epigramas. 7 de maio.
7. Foliadas do gaiteiro. X.M. Pintos Villar. 9 de maio.
8. Os nomes da terra. Celso Baión. 12 de maio.
9. Contos do pobo. Rosalía de Castro. 14 de maio.
10. A pega rabilonga. 16 de maio.
11. O libro do porco. 19 de maio.
12. Noticias dunha aldea. Darío Xohán Cabana. 21 de maio.
13. O libro do marisco. 23 de maio.
14. Os tesouros de Galicia. O Ciprianillo. 26 de maio.
15. O libro da caza. 28 de maio.
16. Pedro Madruga. Vasco de Aponte. 30 de maio.
17. O tío Miseria. E. Labarta Pose. 2 de xuño.
18. Cantigas do viño. 4 de xuño.
19. O maroutallo. Ramón Otero Pedrayo. 6 de xuño.
20. Xan Labrego. 9 de xuño.
21. Cousas. Terceiro libro. Castelao. 11 de xuño.
22. Xosé María Álvarez Blázquez. Ourive de libros. 13 de xuño.