O faro escuro

14,50€

mercar

O faro escuro

María López Sández

Cando unha brillante e atractiva xornalista, Catalina Moscoso, desaparece misteriosamente sen deixar rastro.....

Existe unha conexión con algunha das reportaxes que realizou ou coa súa recente separación? Quizais co accidente aéreo no que estivo a piques de perder a vida? Ou coas chamadas de acoso que recibía nos últimos tempos? A inspectora Neira, que se encarga do caso a coñeceu a Catalina anos atrás, durante a investigación duns asasinatos en serie na Costa da Morte, sente que se acaba o tempo e que a vida da famosa xornalista depende dela.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 136
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 135 x 210
  • Data Publicación : 2016-03-08
  • Colección : Literaria
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9865-591-9
  • Edición : 1

Noticias relacionadas



Actividades relacionadas


Novidades

manuel-garcia-barros-estampas-desde-o-valEstampas desde o valManuel García Barros
sobre-a-lingua-galega-de-rosalia-de-castroSobre a lingua galega de Rosalía de CastroVictoria Álvarez Ruiz de Ojeda
9788491514497Teño medoDavid de la Iglesia

sandez

López Sández, María
María López Sández (Lugo, 1973) é doutora en Teoría da Literatura e Literatura Comparada pola Universidade de Santiago de Compostela. Actualmente imparte docencia no ensino medio e é profesora asociada de Didáctica da Lingua e a Literatura na Facultade de Ciencias de Educación da USC. O seu labor de investigadora centrouse na relación da literatura galega co imaxinario paisaxístico e co espazo urbano, no estudo da cartografía como semiótica do espazo. Co traballo titulado Paisaxe e nación. A creación discursiva do territorio obtivo o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2007.
No 2012 resultou gañadora da VI edición do Premio de Narrativa Breve Repsol coa novela A forma das nubes, publicado por Galaxia no mes de novembro do ano 2012.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR