Estás aquí:

Código: 2870

A noite da deusa

15,50  IVE INCLUIDO
Unha comunidade secreta traballa desde tempos antigos para construir prezados obxectos que outorgan poder ás mulleres.
Vestidos tecidos en antigos aquelarres, alfaias feitas con metais e pedras semidivinas foron pasando de xeración en xeración co máximo secretismo. Se os sete obxectos máxicos se xuntan no día do solsticio no espazo sagrado das antigas deusas, unha conxunción de forzas dará orixe a unha nova era en que por fin as mulleres camiñarán ao lado dos homes. Pero Andros, o vello feiticeiro, conspira para evitalo. Só cando os sete obxectos máxicos estean xuntos sobre a mesma muller poderán ser vulnerábeis á destrución.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 220
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación:
Dimensións 135 x 210 mm.
Colección: Costa Oeste
Nº na colección: 117
Edición: 1ªª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9151-469-5
Observacións:

AUTORES/AS

López Sández , María
sandez

María López Sández (Lugo, 1973) é doutora en Teoría da Literatura e Literatura Comparada pola Universidade de Santiago de Compostela. Exerce a docencia no ensino secundario no IES Xulián Magariños (Negreira) e é profesora asociada de Didáctica da Lingua e a Literatura na Facultade de Ciencias de Educación da USC. En 2007 foi galardoada co Premio Ramón Piñeiro de ensaio pola obra Paisaxe e nación: a creación discursiva do territorio e, en 2012, co Premio Repsol de Narrativa breve por A forma das nubes, ambos os libros publicados por Editorial Galaxia, xunto con O faro escuro (2015) e A noite da deusa (2020). En 2021 publica, con Marilar Aleixandre, Movento os marcos do patriarcado. O pensamento feminista de Emilia Pardo Bazán.

As súas obras

A forma das nubes (VI Premio Repsol 2012)
9788498654691
14.15€ CON IVE

COLECCIÓN

Costa Oeste

2044
2044
17.80€ CON IVE
A besta moura
besta
13.25€ CON IVE
A boca do monte
A boca do monte
15.10€ CON IVE
A cámara escura
9788491515838
10.50€ CON IVE
A derradeira bala
a-derradeira-bala
12.60€ CON IVE
A desaparición de Evelyn
desaparicion evelyn
15.00€ CON IVE
A dona de Auria
9788411760140
15.50€ CON IVE
A era de Lázaro
era lazaro
12.50€ CON IVE