Presentación de O FARO ESCURO de María López Sández en Santiago

Categoría: Nova

Este sábado e dentro dos actos da Feira do Libro, presentaremos a nova novela de María López Sández, O FARO ESCURO. Acompañarán a autora a crítica literaria Inma Otero e o director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes.
Estamos diante dunha novela negra, xénero polo que a autora recentemente ten declarado que "e unha continuidade do que para os nenos son os contos de fadas". Unha novela da que a crítica literaria Dolores Vilavedra ten dito que constitúe "unha fábula moral, que se apreza máis nunha segunda lectura", indicando que "amosa ata que punto o azar inflúe nas nosas vidas".

Comparte nas túas redes sociais ou por email