Estes días as librarías do país énchense coa saída, e xa van moitas dende o ano 1980, da obra de Xavier Alcalá, 'Fábula', un dos meirandes éxitos da literatura galega canda 'A nosa cinza', tamén de Alcalá.
'Fábula' é un claro exemplo de novela "colada á realidade", adherida a ela coa cola da memoria viva. Cando o autor comezou a escribila, en 1979, pasaron corenta e tres anos desde o estouro da Guerra Civil, mais ás testemuñas aínda lles ardía o sangue. O relato ten diferentes planos de acción, que enfronta a Guerra e a Transición democrática, a Galicia da longa noite de pedra e as Américas do exilio. Amor, odio, morte, vinganza e un segredo inconfesable marcan a trama desta obra que mereceu os premios Cidade da Coruña e da Crítica Española.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR