A feira estaba animada, malia a choiva que caeu esa tarde, tal que marca a tradición en Compostela. Manuel Núñez Singala presentou "Instrucións para tomar café", da man de Arturo Ponte e Víctor F. Freixanes, que o acompañaron. María Lopez Sande, unha hora despois, "O faro escuro", da man de Inma Otero e outra vez Freixanes.
Dous libros distintos para disfrutar da lectura. O de Singala son relatos concentrados, intelixentes, críticos, una radiografía do país e dos galegos (dos seus comportamentos, as súas teimas, a súa maneira de ser) escrita dende o humor e una fina retranca, cunha prosa àxil, directa, eficaz. Aos poucos meses de saír xa vai pola segunda edición.
A novela de Lopez Sandez una incursión na novela negra por parte da autora de "Paisaxe e nación" (Premio de ensaio Ramón Piñeiro) que confirma unha excelete narradora. Foi finalista do premio de novela por entregas de La Voz de Galicia. "Un xénero que me gusta, porque esixe moita tensión narrativa e permite adentrarse na psicoloxía individual e mesmo da psicoloxía profunda dos comportamentos e as decisións morais". Dedicada ao seu pai, un afeccionado ao xénero.