Presentación de 'O faro escuro' de María López Sandez en Brión

Categoría: Nova

O próximo 23 de abril, Día Internacional do Libro, a Libraría Mainomen de Bertamiráns e o Concello de Brión presentarán o libro "O faro escuro" de María López Sández, publicado pola Editorial Galaxia. O acto terá lugar na Casa da Cultura de Brión ás 20:30 hrs e canda a autora participarán a profesora e crítica Dolores Vilavedra e o alcalde Xose Luis García García.

En 'O faro escuro', María López Sández cóntanos a historia dunha xornalista de éxito, Catalina Moscoso, que desaparece na costa galega. A inspectora Neira, que a coñece desde anos atrás, encárgase do caso. A Catalina, alguén quere facerlle redimir o seu propio sentimento de culpa. Porque fixo algo que a sociedade non quere asumir se se trata dunha muller.

Unha novela de intriga que está a enganchar a público e crítica literaria.

Comparte nas túas redes sociais ou por email