Presentación de TES ATA AS 10 en Madrid

Categoría: Nova

O escritor Francisco Castro presentará a súa nova novela TES ATA AS 10 o vindeiro 23 de abril, Día do Libro, na Casa de Galicia en Madrid. O autor será presentado pola profesora Carme Lamela.
Logo de presentar na capital de España, hai un ano o seu O CORAZÓN DA BRANCA DE NEVE, nesta ocasión, falará da novela xuvenil "Tes ata as 10", que acaba de presentar en Galicia e que vén de completar a súa primeira edición. Na trama, libros misteriosos, vinganzas desde o Máis Alá, historias de amor que manter ocultas… todo un mollo de asuntos nunha novela que viaxa pola historia recente de España e de Galicia, pero tamén por dentro do corazón dos namorados que o están de verdade.

Comparte nas túas redes sociais ou por email