Nunca mascotas

8,70€

mercar

Nunca mascotas

Paula Carballeira

Hai poucos títulos máis claros para contar o que hai dentro dun libro. Nunca mascotas.

Animais, nunca mascotas. Seres de seu, nunca mascotas. Vida, non cousas. Animais que son máis persoas que as persoas, que poden ser moi animais. E unha ollada, a da poeta Paula Carballeira, que quere contar, dende a beleza, dende a reflexión, á mocidade, que pensa ela sobre esta vida animal da que temén formamos parte. Un libro do que estamos moi orgullosos na Editorial Galaxia. Poesía para a xente máis moza. Que ten a ollada aínda limpa que, dende logo que si, teñen moitos seres da natureza. Ás veces máis ca nós.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 64
  • Deseño : Rústica
  • Dimensións : 135 x 210
  • Data Publicación : 2016-10-05
  • Colección : Costa Oeste
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9865-728-9
  • Edición : 1

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

fina-a-pirataFina a pirataHelena Villar Janeiro
follas-novas-literaria-ensinoL. Ensino: Follas novasRosalía de Castro
aires-da-mina-terraL. Ensino: Aires da miña terraManuel Curros Enríquez
red-lionRed LionMaría Alonso Alonso
minutos-para-medianoiteMinutos para medianoiteXavier QueipoRamón Neto

Paula

Carballeira, Paula
Paula Carballeira Cabana (Contadoris absurdus). Animal da especie dos faladores, moi común en zonas de chuvia. Adoita abrir a boca para contar historias e limpar ben as orellas para escoitalas onde queira que vaia. Gústalle comer e viaxar. Das súas diferentes viaxes pódense encontrar datos en A percura, Robin e a Boa Xente, Troulas, andainas, solpores e unha farsa anónima e Mateo. A súa viaxe máis recente foi a África, ás aldeas Mangalas. As últimas noticias que se teñen dela din que está a preparar unha excursión extraterrestre.

En 2006 foi a primeira gañadora do Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil, galardón creado polo IGAEM, pola súa obra Boas noites.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR