Made in Galiza

Séchu Sende

Logo de Orixe, a súa primeira novela e Premio Blanco Amor 2003, Séchu Sende volve cun libro de relatos especialmente escrito para ti, que tamén buscas a vida nas palabras.

Un libro que procura a fórmula da liberdade na punta da lingua. Un libro de historias orixinais como cada unha das persoas e dos pobos que coñecemos ou soñamos: únicos. Un libro que conta contigo para ler o mundo con palabras que tamén son túas. Un libro difícil de soñar, como a vida mesma. Contraditorio, inocente, emocionante, creativo, rebelde: un libro Made in Galiza.

Este libro foi traducido ao curdo pola editorial Avesta, co título: Di xewnan de jî ez ê zimanê xwe winda nekim, “Nin en soños vou perder a miña lingua”.

Podes ver aquí a presentación de Made in Galiza na feira do libro de Vigo 2007, a cargo de Séchu Sende, Carlos Santiago, Carlos Lema e o Galiza Pulgas Circus.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 160
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 135 x 210
  • Data Publicación : 28/05/2006
  • Colección : Literaria
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-7154-091-1
  • Edición : 1
  • Nº na colección : 244
  • Observacións : 11ª impresión, abril 2017

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo

orixeOrixe12,90€

Actividades relacionadas


Novidades

unha-verdade-amargaUnha verdade amargaCelia Díaz Núñez

sechu

Sende, Séchu
Xosé Luis González Sende naceu en Padrón en 1971. É profesor e escritor. Nos últimos tempos estivo ligado de forma moi importante ás plataformas Nunca Máis e Burla Negra. Da súa produción poética destaca o libro Odisea. En 2004 gañou o Premio Blanco Amor de novela con Orixe. En 2007 publica, tamén en Galaxia, o libro de relatos Made in Galiza.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR