Estrease en Istambul unha obra teatral baseada no 'Made in Galiza'

Categoría: Nova

Ven de estrearse em Istambul a obra "Merheba", unha adaptación teatral do libro "Made in Galiza", de Séchu Sende. Dirixida por Mehmet Atak, a obra é umha adaptación da tradución realizada por Irfan Guler e Pepa Baamonde e publicada pola editorial curda Avesta e combina humor e traxedia para tratar a situación das linguas minorizadas en xeral e, en particular, do curdo no estado turco. A obra represéntase en turco, en curdo e, nunha das partes, tamén en galego-português, con a inclusión dun audio gravado por Alicia Beatriz López Gallego.

A compañía Sermola Performans estreou a obra no Destar Teatro de Istambul o pasado dia 8 de xaneiro e, aínda que fora ía frio e nevaba, o teatro estaba cheo.

Comparte nas túas redes sociais ou por email